You are here
Peis d'hos
Presentación
Peis d’hos é a forma que adopta no Morrazo a expresión peixe de hoxe, en alusión ao peixe do día capturado en baixura con aparello ou outras artes de pesca similares.
A finais do ano 2013 nace en Cangas unha asociación cultural con esta denominación para dar cobertura a unha escola de música e baile tradicional galego. Forman parte dela os grupos Trébede, As Mosas do Hío e O Viveiro de Peis d’hos.
O fin principal desta asociación é formar neste eido aos veciños desta comarca mariñeira. Esta ensinanza parte da investigación, análise e estudo dos traballos de campo levados a cabo por toda a xeografía galega.
Outro dos obxectivos arredor dos que traballa esta asociación é converter a música e o baile tradicional e a súa práctica en algo cotián, nunha actividade habitual, nun xeito de divertimento para a sociedade como foi nalgún tempo (pero enmarcado no contexto actual) e, sobre todo, sen que sexa visto como unha rareza empregada tan só por uns poucos. Sen dúbida, unha clara e arriscada aposta pola cultura do país.
¿Por que peis d’hos?
Por un lado podemos interpretar que fai referencia aos rapaces novos que teñen cabida nesta escola e, polo tanto, nesta asociación; ou non tan novos en idade pero si formados na actualidade, polo que se poden considerar debutantes neste ámbito.
Por outra banda, tamén podería referirse aos mestres que lideran e dirixen este proxecto, rapaces novos con dilatada experiencia no mundo da música e o baile tradicional pero que ata o de agora nunca se embarcaran sós nun proxecto destas características.
Mestres
-
Miguel SoteloImagen:Descripción:
Miguel Sotelo é bailador e mestre de baile tradicional.
Realizou o curso "Bailas? Didáctica da danza tradicional galega" na Universidade de Santiago de Compostela e os cursos "Antropoloxía social e cultural de Galicia: etnografía, patrimonio inmaterial e etnoarqueoloxía. Unha viaxe antropolóxica pola cultura e sociedade tradicional galega." e "Mitología, creencias, rituales y manifestaciones festivas de la cultura tradicional gallega. Un acercamiento antropológico al patrimonio inmaterial de Galicia.", ambos na UNED en Pontevedra.
Dirixe os grupos Trébede, Retrouso de Cela e Moañesa de Música e Danza e imparte clases de baile na asociación cultural Peis d'hos, O Arco de Vilanova, no CEIP do Hío e no CEIP do Castrillón. Ademais, imparte cursos de baile en diversas asociacións e Centros Galegos en colaboración coa Seceretaría Xeral de Emigración da Xunta de Galicia.
No apartado musical, imparte clases de pandeireta e canto tradicional na A.C. Peis d'hos.
Cómpre destacar a súa participación como bailarín na película “La Jota” de Carlos Saura e a dirección artística da curtametraxe “Irei a Darbo”.
Formou parte do Projecto ['trepia], do grupo de pandereteiros O Tear de Llerena e das compañías de danza GS21, Circio e Quique Peón Cía. Tamén pasa pola A.C. Lembranzas da Ría, onde se inicia como bailador e músico, e pola A.C.F. O Fiadeiro.
Participou en calidade de xurado en varios concursos de baile tradicional galego. Así mesmo, concursou en diversos certames de baile tradicional, danza e música, acadando unha morea de premios entre os que cabe destacar o segundo premio nacional obtido no XXI Certame de coreografía de danza española y flamenco 2013 realizado en Madrid. -
Nébeda PiñeiroImagen:Descripción:
Nébeda Piñeiro é pandereteira e mestra de pandeireta e canto tradicional.
É integrante das pandereteiras de Cantigas e Agarimos.
Na actualidade dirixe a Lina e Lola, as escolas de pandeireta do CEIP do Hío e do CEIP de San Roque, ambas en Cangas, o grupo C e E de Cantigas e Agarimos e imparte clases de pandeireta e canto tradicional nas asociacións culturais Peis d'hos, Lembranzas da Ría e Moañesa de Música e Danza, no Club de Xubilados de Moaña e no Espacio +60 de A Fundación en Pontevedra.
Ademais, foi socia fundadora e compoñente do grupo Traspés. -
Diego PintosImagen:Descripción:
Diego Pintos é monitor de ocio e tempo libre, con ampla experiencia en coordinación de actividades en campamentos infantís e xuvenís.
No eido artístico ten participado como videocreador nos espectáculos escénicos do Projecto ['trepia] e A Máquina de Meter Medo. Os seus traballos teñen sido premiados en certames como o Xuventude Crea en distintas edicións. -
Marina VigoImagen:Descripción:
Marina F. Vigo posúe os títulos de Técnica das Ensinanzas Profesionais de Música - Gaita (CMUS de Vigo), Mestrado Universitario de Teatro e Artes Escénicas, e Mestrado Universitario en Formación do Profesorado (ambos pola Universidade de Vigo). Tamén realizou os estudos completos de gaita na na E-Trad (Escola de Música Tradicional e Folk de Vigo), e na actualidade está cursando o último curso dos Estudos Superiores de Música na especialidade Instrumentos da Música Tradicional e Popular de Galicia (CSM de Vigo).
Imparte clases na A.C. Peis d'hos e na A.F.C. Apedradeaugas e realiza substitucións no itinerario de gaita da E-Trad de Vigo. Tamén imparte clases de Linguaxe Musical e ten organizado aulas extraescolares de música no CEIP Mestres Goldar.
Na actualidade é integrante de Sondeseu, Trébede e Maraghotas, onde ademais de gaiteira é compositora e arranxista. Foi compoñente dos grupos Ludovaina e Áureas, como percusionista e gaiteira, e realizando arranxos para este último. Ademais, colaborou con diferentes agrupacións como Lagharteiras, Beatriz Martínez Quinteto, B-Flecha, Banda de Música de Castrelo de Miño… e ten participado como intérprete nas gravacións dos discos Danzas Brancas e Beiralúa da Orquestra Folk de Galicia Sondeseu, e nas gravacións de repertorio histórico dos cuartetos Veiga e Pacheco (2016).
Ten partipado e acadado premios en concursos de música tradicional por todo o país como gaiteira solista, tamborileira e tamén en cuarteto. Cómpre sinalar entre os premios obtidos como tamborileira un 1º premio no Concurso de Música Tradicional de Luou e un 1º premio no XXVI Concurso de Música Tradicional Xacarandaina; e como gaiteira, un 3º e 4º premio no Concurso de Gaitas de Ponteareas e un 3º no XXIV Concurso de Música Tradicional Xacarandaina. Destaca, ademais, o Premio Martín Códax da Música Galega obtido co conxunto Áureas en 2017. -
Jorge JuncalImagen:Descripción:
Formado como acordeonista da man do mestre Eugenio Juncal.
Tamén traballa como músico multiintrumentista, compositor e productor musical.
Conta cunha ampla traxectoria profesional, tocando dende hai máis de 20 anos cos grupos Beladona, Anubía, Macfeck, Faltriqueira, Magin Blanco, Anxo Lorenzo ou seu proxecto persoal Fantasía coas palabras xunto con María Faltri. -
Noelia VillaverdeImagen:Descripción:
Noelia Villaverde é pandereteira, percusionista e mestra de pandeireta e canto tradicional.
Está graduada en Educación infantil pola Universidade de Vigo e posúe o curso de Monitora e Tempo Libre.
Imparte clases de pandeireta e canto na AA.VV. Eduardo Pondal e na Asociación Cultural de Tomeza, en Pontevedra. Ademáis, imparte a aula de Música e Movemento na A.C. Retrouso de Cela en Bueu.
Na actualidade é integrante do grupo de pandereteiras Trébede e do grupo de pandereteiras de O Fiadeiro.
Escola
En Peis d'hos ofertamos clases de baile tradicional e pandeireta e canto tradicional. Estas actividades lévanse a cabo dende setembro ata xuño, ambos os dous incluídos.
Se tes interese nalgún dos cursos ou tes algunha dúbida ponte en contacto connosco.
Localización
As actividades impártense no Local de Ensaio de Cimadevila (Cangas), no ximnasio do CEIP A Rúa (Cangas) e no local da Comunidades de Montes de Meira (Moaña).
¿Como chegar ao local de Cimadevila?
¿Como chegar ao CEIP A Rúa?
¿Como chegar ao local de Meira?
Horarios
Actividade | Día | Hora | Grupo |
---|---|---|---|
Acordeón | luns | 18.00-19.00 | |
19.00-20.00 | |||
20.00-21.00 | 21.00-22.00 | ||
Baile tradicional | luns | 21.30-23.00 | adult@s |
martes | 17.30-18.30 | infantil (Moaña) | |
20.15-21.15 | adult@s | ||
21.30-22.30 | adult@s | ||
mércores | 17.30-18.30 | infantil | |
19.00-20.00 | adult@s | ||
20.30-21.30 | adolescentes | ||
21.30-22.30 | adult@s | ||
xoves | 18.30-19.30 | infantil | |
19.00-20.00 | adult@s | ||
20.00-21.00 | adult@s | ||
21.30-22.30 | adult@s | ||
venres | 21.30-23.00 | adult@s | |
Cantos populares, tradicionais e de taberna | sábado | 17.30-19.00 | adult@s |
Gaita | venres | 16:00-17:00 | infantil |
18:00-19:30 | adult@s | ||
19:30-20:30 | adult@s | ||
Pandeireta e canto tradicional | xoves | 19:00-20:00 | adult@s |
21:00-22:00 | adult@s | ||
venres | 17:00-18:00 | adultos | |
18:30-19:30 | infantil | ||
19:30-20:30 | adult@s | ||
19:30-20:30 | adultos | ||
20:30-21:30 | adult@s | ||
21:30-22:30 | adult@s | ||
sábado | 10:45-11:45 | adultos | |
11:45-12.45 | infantil | ||
12:45-13.45 | infantil | Percusión tradicional | venres | 17:00-18:00 | adult@s |
18:00-19:00 | infantil | ||
Estes horarios están suxeitos a posibles cambios. Solicita información.
O Viveiro
O Viveiro é, por definición, un lugar onde se cultivan plantas novas para logo seren transplantadas ou ben un lugar, polo xeral no mar, nun lago ou nun río, ou, se non, nun gran depósito, onde se crían peixes, crustáceos, moluscos etc.
Pois iso mesmo é O Viveiro da A.C. Peis d’hos: un grupo formado na Escola Peis d’hos e que pretende cubrir ese óco entre a escola e unha agrupación de calidade, servindo de trampolín cara a esta e cubrindo así esa última etapa de aprendizaxe na formación previa a actuar en escenarios máis esixentes.


Trébede
A comezos do ano 2011 nace no Morrazo o grupo de música e baile tradicionais Trébede, froito da inquietude dun grupo de moz@s pertencentes a dúas asociacións xa existentes, aínda que co paso do tempo Trébede pasará a depender únicamente da A.C. Peis d'hos de Cangas do Morrazo.
A agrupación ten como principal característica a recompilación do patrimonio inmaterial da cultura tradicional galega para a súa posterior difusión e posta en escea. Deste xeito, todas as pezas que interpretan son froito do traballo de campo dos seus compoñentes, adicados dende hai tempo a recompilar todo este material e nel se basean todos os seus traballos e proxectos. O grupo está composto por membros procedentes maioritariamente da comarca do Morrazo (Marín, Bueu e Cangas), Pontevedra e Vigo, e está dirixido por Miguel Sotelo e María Vidal.
Cómpre destacar o seu proxecto audiovisual “Irei a Darbo”, levado a cabo en 2016. É salientable tamén a súa participación no Festival Interceltique de Lorient 2015, na bretaña francesa, representando a Galicia; nas Xornadas de Folclore de Santiago de Compostela en xullo de 2012, na Praza da Quintana, dentro da programación das Festas do Apóstolo; en concursos de baile tradicional onde acadaron diversos premios
así como en concursos de música tradicional nos que tamén conseguiron importantes galardóns; e en moitos outros escenarios ao longo da xeografía galega e da península ibérica.

Xornadas Etnográficas do Morrazo
As II Xornadas Etnográficas do Morrazo: música, baile, traxe e concienciación medioambiental leváronse a cabo do 16 ao 25 de agosto de 2019 no Morrazo. Trátase dun proxecto promovido pola Mancomunidade do Morrazo (conxuntamente entre os concellos de Bueu, Cangas e Moaña) e consta de:
- DE VENRES 16 AO DOMINGO 25 DE AGOSTO:
- Exposición da gaita na música tradicional galega, pola Deputación de Pontevedra, no 1º andar do Concello de Cangas. Inauguración da exposición o venres 16 ás 12:00h.
- Exposición do traxe tradicional de Lugo, por Traxandaina, no Clube de Xubilad@s de Meira (Moaña). Inauguración da exposición o venres 16 ás 20:00h, con visita guiada.
-
SÁBADO 17 de AGOSTO:
- Obradoiro “Polos pés”, por María Xosé Martínez (para nen@s e adult@s), na praia de Vilariño, Cangas. De 12:00h. a 14:00h. e de 17:00h. a 20:00h.
- DOMINGO 18 DE AGOSTO:
MOSTRA ETNOGRÁFICA DO MORRAZO
- Pasarrúas polo centro da vila de Bueu a cargo das agrupacións participantes, ás 20:00h.
- Desfile do traxe tradicional galego, a cargo da Asociación Etnográfica Sete Espadelas, ás 20:30h no recinto multiusos da Estacada (Bueu).
- Actuacións das agrupacións Brincadeira, Trébede e O Fiadeiro, ás 21:00h no recinto multiusos da Estacada (Bueu).
- LUNS 19 DE AGOSTO:
- Charla sobre “Os bedéis do patrimonio natural no Morrazo”, por David Álvarez Graña, no Salón de Plenos do Concello de Moaña ás 20:30h.
- MARTES 20 DE AGOSTO:
- Charla “Andar cos tempos... ou de como cribar o gran para mañá”, por Chus Caramés e Carmen Campo no Salón de Plenos do Concello de Cangas ás 20:30h.
- MÉRCORES 21 DE AGOSTO:
- Obradoiro de regueifa, improvisación en verso, por Luis O Caruncho e Pinto de Herbón (Asociación Oral) na Casa da Mocidade en Moaña, ás 20:30h.
- XOVES 22 DE AGOSTO:
- Presentación dos libros “Entre Fusco e Lusco” e “Colleita propia” da Editorial Ton e Son, por Rafa Crespo (director musical de O Fiadeiro) e Pablo Fernández Rial no Salón de Plenos do Concello de Moaña, ás 20:30h.
- VENRES 23 DE AGOSTO:
- Charla sobre “A compostaxe comunitaria”, pol@s mestr@s composteir@s da Deputación de Pontevedra, na Antiga Cámara Agraria do Concello de Cangas ás 20:30h.
- SÁBADO 24 DE SETEMBRO:
- Local de Ensaio de Cimadevila en Cangas. Obradoiro de baile: “a regueifa”, por Montse Rivera, ás 11:00h.
- Alto da Praza de Abastos de Moaña. Obradoiro de confección de zagalexos, por Cristina González Rodal, ás 18:00h.
Actividades de verán
En Peis d'hos ofertamos unha serie de actividades lúdicas e formativas durante o verán, destinadas a nenos e nenas de idades comprendidas entre os 5 e os 14 anos, coa intención de que os nenos aprendan e se relacionen coa nosa cultura e coa música e baile tradicionais dun xeito distendido. Pretendemos dar unha atención personalizada a cada participante, polo que hai límite de prazas.
Estas actividades lévanse a cabo no mes de xullo repartidas en dúas posibles quendas, ou ben todos os luns e mércores ou ben todos os martes e xoves, de 10h. a 13:30h.
Actividades
- xogos
- baile tradicional
- escultura
- canto
- pandeireta
- confección de bonecos
- percusión
- pintura
- traxe tradicional
Localización
As actividades de verán impártense no Local de Ensaio de Cimadevila (Cangas).
¿Como chegar?
Colaboradores
-
Grupo AcegaRúa Méndez Núñez, 36 - 3ºA 36940 Cangas986 39 21 45info@grupoacega.com
Asesoramento fiscal, laboral, contable, financieiro e xurídico. Contan cunha dilatada experiencia na xestión e asesoramento de asociacións.
-
Inmobiliaria LaresRúa do Sol, 19 - 36940 Cangas986 32 99 75info@lares.gal
Se buscas unha inmobiliaria non o dubides, en Lares atoparás unha opción inmellorable, con grandes profesionais e, sobre todo, con moi bo gusto! E sempre dispost@s a axudarte e asesorarte!
-
Librería MirandaRúa Pazos Fontenla, 35 - 36930 Bueu986 32 05 04pedidos@libreriamiranda.gal
En Librería Miranda toparás co teu libreiro de confianza, cun trato moi cercano e sempre disposto a axudarche en todo o que precises. En Bueu, onde ía ser?
-
Mares de GaliciaDepuradora Vilanova, s/n - 36984 Cangas986 39 10 08 / 986 83 80 49
Empresa adicada á elaboración e comercialización de mariscos frescos e elaborados, inspirada nas máximas de calidade e bo facer. Conta cunhas oficinas no porto pesqueiro de Marín e unha depuradora de moluscos e centro de expedición, Cultivos Marinos Vilanova S.L., en O Hío (Cangas).
-
TecnosatMontero Ríos, 18 - 36940 Cangas986 30 70 12 / 622 71 18 19tecnosatshop@tecnosatshop.es
En Tecnosat adícanse á reparación e venta de telefonía e informática e, ademáis, personalízanche a funda do teu móbil coa foto que ti queiras. Sonche moi eficientes!
-
Montajes FuentesCamiño da Choupana nº15 - 36949 Cangas607 11 36 32 / 986 30 53 31montajes.fuentes@gmail.com
Se tes algún problema coa fontanería, electricidade, calefacción ou enerxías renovables, ou ben queres facer unha obra, non o dubides, Montajes Fuentes é a túa opción!
-
Mama Rous Tapas e PintxosAvda. de Ourense, 13 Baixo - 36940 Cangas886 30 97 54
Tapas e pinchos variados, boa atención, ambiente agradable, tranquilidade e... voltarás, porque sairás de alí con ganas de repetir!
-
A Tenda de MuchaCalle Seixo, 41, 36949 Darbo986 30 06 44
A mellor tenda de autoservicio, carnicería e charcutería que atoparás na contorna. Con todo o que precisas, coma nun supermercado, pero co trato familiar que tan só che poden dar os teus propios veciños!
-
O FornoRea Real, 58 - 36940 Cangas637 75 70 47
O mellor pan da comarca. Contan cun gran equipo humano baixo a dirección do mestre Pablo, que poñen todo o amor en cada cousa que fan, sexa pan artesanal, repostería ou creación innovadoras nas que o elemento natural e ecolóxico forman un papel fundamental.
-
Construccións PiñeiroCalle Xoan Piñeiro, 2, 36945 Nerga637 55 89 33
Para calquera tipo de obra, reforma ou o que precises, non o dubides, con Construccións Piñeiro estarás en boas mans!!
-
Panadería AmadorRúa de Montero Ríos, 91 - 36930 Bueu986 32 31 20
Panadería, pastelería, cafetería, prensa e revistas no centro de Bueu, con bo trato e ambiente acolledor. Tamén coa posibilidade de consultar entregas a domicilio. A maiores, conta cun espacio expositivo.
-
O CarleteRúa David Cal, 13, 36945 Vilariño986 32 87 44
Fantástico bar no que tomar algo ou comer moi ben, con bo servicio e moi bo ambiente, ao pé da praia de Vilariño. Na mellor compañía, dende 1977.
-
SaúdeSportAvenida de Lugo, 49 - 36940 Cangas886 09 19 52
Clínica de Fisioterapia Deportiva cun gran equipo profesional! Empregan diferentes técnicas de Fisioterapia e Osteopatía, combinadas con Pilates/RPG/Entrenamento funcional/Hipopresivos que integran na Readaptación Postural Hipopresiva, na Readaptación Física Personal e en "CrossClinic". Además, contan con profesionais externos de Traumatoloxía, Podoloxía e Nutrición.
-
Martinnus TaperíaAvenida Eduardo Vincenti, 6 - 36940 Cangas986 30 34 83martinnustaperia@gmail.com
Bo ambiente e unha deliciosa variedade na carta. Moi bo gusto tanto no cociñar, na estética como no trato persoal agradable coa clientela.
-
Peluquería Natalia GómezVilanova, 25 - 36945 O Hío, Cangas661 76 00 55
A túa peluquería de confianza. Bo trato e profesionalidade, estás en boas mans!
-
Gasdoca S.L.Avenida de Bueu, 1 - 36940 Cangas986 30 12 89
Gasolinera céntrica, aberta ata as 24:00h. e co mellor precio nos carburantes!
-
Rosa Mariño - HerbalifeOuteiro de Balea, 29 - 36949 Cangas605 22 58 88rosa.marino.ventosinos@gmail.com
Se buscas un cambio de hábitos ou pautas nutricionais, se necesitas máis enerxía, baixar de peso ou mellorar a túa composición corporal... non o dubides, contacta con Rosa! Darache un asesoramento gratuito!
-
Espacio SEMAvda. de Bueu, 13 - 36940 Cangas615 26 53 10
Osteopatía integral e terapias naturais. Ante calquera tipo de doenza física, xa sexa muscular ou tensional, acude a Espacio SEM, estarás en boas mans!
-
Irisar Deseño e ImpresiónRúa San Xosé, 11 - 36940 Cangas986 39 26 60irisar@irisar.es
Uns artistas no deseño e moi profesionais nas impresións. Se tes calquera encarga relacionada coas artes gráficas e/ou a impresión, non dubides en contactar con eles, resolverán da mellor maneira e con moi bo resultado.
-
Electrodomésticos MoisésFragata Lealtad, 1 - Moaña986 310 764electrodomesticos_moises@hotmail.com
Tenda de electrodomésticos en Moaña, para todo o que necesites acude a Moisés e el saberá darche o que precises!
-
VizzioAvenida de Marín, 13 - 36940 Cangas986 30 32 59
Permítete un vicio!! Sempre que teñas fame e che apeteza un bo bocata, pizza, patacas... ou simplemente tomar algo, aquí tes unha boa opción á que acudir. En Vizzio atenderante de moi boa gana!
-
Centro Óptico CangasXosé Félix Soage, 3 - 36940 Cangas986 30 31 80centro_opticocangas@yahoo.es
Non xogues coa túa vista, pásate polo Centro Óptico Cangas e ponte en mans de profesionais, estarás en boas mans!
-
O Zapato ChispónPaseo de Castelao, 13 - 36940 Cangas986 30 22 47
Porque un bo calzado é imprescindible para unha boa saúde corporal, contacta con especialistas, no Zapato Chispón atoparás o que buscas!
-
Tapería O PelaoRúa do Sol, 29 - 36940 Cangas986 30 52 18
Tapería emblemática no centro de Cangas, con tapas típicas, bo viño e boa atención... que máis se pode pedir?
-
Laura Lago Belleza y saludPraza do Progreso, 7 baixo - 36940 Cangas986 30 27 50lauralagogonzalez@hotmail.com
Centro de estética que ofrece un trato persoal e profesional acreditado con titulacións oficiais e cursos actualizados con ampla experiencia no coñecemento da pel, tratamientos faciais e corporais, depilación co fio, láser, pedicuras e manicuras semipermanentes, masaxes, dietética e todo o referente á dedicación do coidado do corpo. Ponte nas súas mans!
-
AgarimoAvda. Montero Ríos, 1- 36940 Cangas986 30 28 35
En Agarimo encontrarás roupa, complementos ou outro regalo ideal para familiares, amigos ou para ti mesmo!
-
O Colmado de MarujamaríaRua Real 24 - 36940 Cangas886 09 50 61
Tenda a granel. Marujamaría é unha tenda de regalos «gastronómicos, cosmética ecolóxica e artesanía». O seu eixo central é poñer en valor os excelentes productos das nosas terras, o traballo artesán e o bo facer das pequenas empresas.
Cuotas
Socio
- Cuota de socio/a: 10€/ano
- Matrícula: 15€/mes
- Cuota por actividade para nenos/as: 13€/mes
- Cuota por actividade para adultos: 15€/mes
- Cuota por actividade de acordeón ou gaita: 20€/mes
- Cuota por actividade de cantos de taberna: 5€/mes
- Cuota de grupo: 10€/mes
- Cuota por actividades de verán para nenos/as: 60€/mes
Escola
* Teñen desconto as persoas que vaian a máis dunha actividade.
Grupo
Actividades de verán
Galerías
-
2020Escola Peis d'hos 2019-2020
-
2019Escola Peis d'hos 2018-2019
-
2019II Xornadas de Portas Abertas
-
2019Cantadas 2018-2019
-
2019Festival Infantil 2019
-
2019Concertos didácticos 2019
-
2019I Festival Peis d'hos 2019
-
2019Actividades de verán 2019
-
2019XEM 2019
-
2018Escola Peis d'hos 2017-2018
-
2018I Xornadas de Portas Abertas
-
2018Festival Infantil 2018
-
2018Actividades de verán 2018
-
2018XEM 2018
-
2017Escola Peis d'hos 2016-2017
-
2017Festival infantil 2017
-
2017Actividades de verán 2017
-
2016Escola Peis d'hos 2015-2016
-
2016Festival infantil 2016
-
2016Actividades de verán 2016
-
2015Escola Peis d'hos 2014-2015
-
2015Festival infantil 2015
-
2015Actividades de verán 2015
-
2014Foliada de Nadal 2014-2015
-
2014Festival infantil 2014
-
2014Actividades de verán 2014